logo
PARROQUIAS
topnoticia
topmenuder
Inicio
Riotorto
Concello
Turismo
Axenda
Parroquias
Aldurfe
Ferreiravella
Galegos
Meilán
Moxoeira
Órrea
Riotorto
Galería
Novas
Ligazóns
Debate e Opinión
Contacto
franja
[+]1
Envialle un email o alcalde
[+]2
icono PARROQUIAS · Riotorto

Igrexa vella de San Pedro de Riotorto

Igrexa dos sécalos XVII e XVIII, moi reformada a principios do século XX en estilo neogótico. A estructura actual consta dun campanario separado do corpo central. Os alicerces e muros que aparecen xunto ó camiño poden da-la idea de que existira outra torre.

Da estructura primitiva ten o campanario, datado no ano 1762, con pequena ventaíña octogonal decorada con pétalos no lado da porta e enriba dela unha inscrición con palabras xa borrosas. No recanto do mesmo hai unha imaxe de moi boa fritura que representa un home con barba.

No interior ten unha escaleira de caracol. Asemesmo, no corpo central da igrexa actual perviven algúns elementos da igrexa primitiva como a cabeza dun anxo ou o remate do vértice do tellado da fachada principal cunha mitra papal.

O corpo central consta dunha nave, cruceiro e dúas sacristías adosadas ó final. Salienta o retábulo maior, obra barroca de mediados do século XVIII, de influencia colonial mexicana, policromado, con dous corpos, de columnas salomónicas, con varias imaxes do século XVIII como as de San Pedro, San Xosé co Neno e a Virxe da Misericordia. As outras esculturas corresponden a Santiago, San Antón coneno Xesús, San Domingos de Guzmán, San Bieito Abade e Santa Bárbara con torre.

O retábulo dereito, con influencia rococó, con columnas e estípites, é da segunda metade do século XVIII. O retábulo esquerdo esquerdo é de influencia plateresca, con imaxes do século XVIII como a de San Roque co cadelo, O Neno Xesús con bola e cruz n aman, San Carlos Borromeo con custodia e palma, e un San Antón Abade do século XVI.

No cemiterio desta igrexa existe unha escultura de características galegas no panteón da familia das Veigas de moi boa factura.

Nas contas do ano 1829 do único libro de Fábrica un pouco antigo da parroquia de San Pedro de Riotorto, admitense en data distintas cantidades por cal para argamasa e branqueo de paredes, madeira para erguer e recompone-lo teito da capela das Dolores, face-las ventás das bufardas, poñe-las baldosas á igrexa e enlousar de novo o adro.

En 1887, empezouse a construír de nova planta por se vir abaixo unha boa parte da vella igrexa e ameazar ruína o resto dela. En 1888, e por falta de recursos, aínda no se dera fin á obra; faltaban tódolos cales de fóra, a maior parte de dentro e tamén parte do baldosado. Os mestres de cachotería foron Manuel Tato e José Leiro, veciños de Pontevedra e rematantes da edificación. Actuou como ferreiro Jesús Cancio López, da Veiga (Asturias); como carpinteiro, José Novo, do mesmo Riotorto; aserrador e contratista de madeiras, Pedro Bouso, fregués da parroquia; e albanel e pintor, Antonio Mel.

Seguinte >>
franja Tablón Municipal
franja Guía Rápida
[+]3
[+]4
franja  
 Deseño e Programación: Prodesin.com Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio 
Logo de la Xunta Icono de conformidad con el Nivel Triple-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI