Igrexa parroquial de Santa Comba da Órrea
A igrexa parroquial pode te-la súa orixe na Idade Media coa fundación do Mosteiro de Donas de Santa Comba, aínda que hoxe temos unha estructura sinxela unida ó campanario mediante un porche.
A nave central está cuberta a tres augas, o ábside a catro e o porche a dúas, existindo ademais unha sacristía adosada á nave central e ó ábside. A espadana do campanario presenta tres ocos e está rematada contres pináculos.
Foi reedificada na súa mayor parte ó longo do século XIX, aínda que poden verse partes do século XVIII. Ten un retábulo maior rococó dun só corpo e cinco rúas con remate de roleos. O retábulo dereito é neoclásico e o esquerdo está formado por dúas partes: unha neoclásica e outra barroca popular.
Facendo de pía de auga bendita e fincado na parede, áchase un capitel de tradición prerrománica, con talos enroscados como elemento decorativo.
Casa de García de Estoa na Órrea
Presenta un lintel coa inscrición: “AVEMARÍA IHS PURISIMA / ESTA OBRASEHIZOPORD MANUEL /GRADE ESTOA ANO D1841”. Enriba da “H” hai unha cruz.
Casa de Lodos na Órrea
No lintel ten unha inscrición máis moderna semellante á anterior que pon: “M. A. J. M. J. S. M. O. / ESTAOBRA LA HIZO / D.PEDROLOD / OS.PRO.AÑO1844”. No centro das letras aparece unha rama esquematizada cunha cruz no remate.
|