logo
PARROQUIAS
topnoticia
topmenuder
Inicio
Riotorto
Concello
Turismo
Axenda
Parroquias
Aldurfe
Ferreiravella
Galegos
Meilán
Moxoeira
Órrea
Riotorto
Galería
Novas
Ligazóns
Debate e Opinión
Contacto
franja
[+]1
Envialle un email o alcalde
[+]2
icono PARROQUIAS · Aldurfe

Igrexa parroquial de San Pedro de Aldurfe

Igrexa reformada no século XX, con nave de cuberta a dúas vertentes e espadana de dous vans de arco de medio punto no piso inferior e un oco tamén de arco de medio punto no piso superior. Esta espadana está rematada con tres pináculos e unha cruz de ferro.

A capela mayor ten catro vertentes. O teitume é de madeira e o tellado de lousa. No centro da fachada consérvanse restos dun arco semicircular tapiado, pertencente a unha estructura anterior.

No interior posue un retábulo mayor moderno con esculturas de San Pedro, San Antón de Papua, San Xosé e un San Andrés Apóstolo do século XVIII; un retábulo dereito, con columnas salomónicas, é do primeiro tercio do século XVIII, con esculturas dun Apóstolo co libro aberto na man esquerda, unha Concepción e un crucifixo pequeño do século XVII; e un retábulo esquerdo do século XVII, coas esculturas de San Brais, a Dolorosa, unha Santa María do século XVIII e un búcaro de cerámica de Sargadelos. Na sacristía existe unha cruz parroqual de prata coa inscrición: “ESTA CRVZ SE ICO AÑO. 1962 SIENDO CVRA DE SISTO DIO. CARBALLEIRA”.

Cruceiro de Aldurfe

Pertencente ó século XIX, é semellante nos seus trazos ós existentes na Terra Chá Luguesa, posiblemente da escola de canteiros Romás (Vilalba). Consta de catro escaleiras, pedestal cun signo pouco perceptible e fuste con motivos relacionados coa Paixón. No fuste aparecen motivos relacionados mayormente coa Paixón, así de arriba a abaixo temos unha roseta sextapétala, tres cravos, unhas tenaces, un martelo, unha espada e unha escaleira. Capitel corintio de catro cabezas e cruz con cristo e incrición “INRI”.

Casa do Peineiro de Aldurfe

Casa reformada, cos muros recebados e pintados de branco que nun lateral aínda conserva un escudo de granito cun relevo de pouco resalte, cuartelado, cunha águia  cosa ás extendidas no cuartel superior esquerdo, floresta borrosa no superior dereito, castelo de tres almeas sobre ondas no interior esquerdo, e outro castelo xunto ó que se atopa un cuadrúpedo que semilla ser un león, todo sobre ondas pero con talla diferente ó cuartel anterior no inferior dereito.

Cruceiro do Franco

Pequeño cruceiro, moi sinxelo con base de cachotería algo recebada con cemento, pedestal e cruz con Cristo feitos de granito. Debaixo do Cristo aparece unha figura coas mans cruzadas sobre o peito dentro dun pequeño fornelo.

franja Tablón Municipal
franja Guía Rápida
[+]3
[+]4
franja  
 Deseño e Programación: Prodesin.com Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio 
Logo de la Xunta Icono de conformidad con el Nivel Triple-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI