logo
GASTRONOMÍA
topnoticia
topmenuder
Inicio
Riotorto
Concello
Turismo
Festas
Gastronomía
Axenda
Parroquias
Galería
Novas
Ligazóns
Debate e Opinión
Contacto
franja
[+]1
Envialle un email o alcalde
[+]2
icono GASTRONOMÍA ·
A dieta primordial do home das terras está baseada fundamentalmente de cocho e nas verduras (especialmente nas verzas e nas navizas ), ás que se suman varios productos hortofrutícolas e unha boa mostra de repostería popular: orellas, filloas chulos, chulas, faragullos , tarta…

O COCHO
O home galego foi sempre un bo consumidor de carne de cocho, aproveitando del praticamente todo.

En Riotorto só o páncreas non se utiliza, ó contrario do que acontece noutras bisbarras de Galiza Ademais de come-la cachola as orellas, o lacón, o xamón, as unllas, etc., existe algún prato típico como os callos, é dicir, as paredes do bandullo do cocho ( poden ser tamén da vaca ), que se comen con garavanzos e chourizo, costume traído polos sanabreses e maragatos segundo dí Álvaro Cunqueiro.

Con carne pícada e abundada fanse embutidos como os chourizos, que despois conservánse en graxa nas olas feitas polos oliros de Mondoñedo. Este tipo de carne con que se fan os chourizos pódese fritar na tixela sen metela na tripa do cocho, é o que constitúe a chamada zorza.

Outro embutido en se comer porque se estraga axiña. É chamada tamén ´´chourizo de corada´´. A androlla, é outro embutido que faise con tripa gorda e énchese de zorza.

As tripas adúbanse como a zorza e póñense ó fume igual cós chourizos. Outro producto son os roxós, feitos con residuos e graxa de diferentes partes do animal.

As filloas, son unha especie de tortas feitas con fariña, auga, e sangue de cocho para darlles cor. Nunha tixela de ferro e cun hisopo ( paíño cun trapo envolto ) que se molla en aceite ou en graxa de cocho, úntase a tixela. Cun cazo bótase a masa de fariña, isto engádense unhas cullaradas de sangue de cocho. Despois pódense comer con azucre ou mel.

OUTRAS ESPECIES
O cabuxo tivo que ser importante noutras épocas como parte da dieta alimenticia da xente riotorteña xa que Álvaro Cunqueiro nos fala da baixada dos cabuxos da Serra de Meira para que invernasen na Mariña Luguesa.

Hoxe, sen embargo, a cabana caprina é insignificante.

O coello prepárase, especialmente nas festas, despois de se criar na casa en gaiolas ou en cortes.

A GALIÑA
Deste animal aproveitanse os ovos que se comen cocidos ou fritidos. Ás veces, cómense tamén a xema crúa con azucre despois de batelo todo e de quitarlle antes a clara. Un prato típico é o caldo de galiña, onde se coce unha parte da galiña cocida, dótandose adoito ós doentes. Léxicamente tamén cómerse a galiña, o galo, os polos e ós capós.

OUTRAS AVES

Das aves de curral salienta o pavo, que se soía comer nos días de nadal ou nalgúns que se consideraban como importantes para a familia ou en festas relixosas. O parrulo é unha introducción máis recente, igual có faisán.

A VACA
Da vaca cómese case todo, salientando os callos ( paredes do bandullo da vaca ) o lombo, o solombo, a cadeira, etc. Por suposto, tamén consúmese a carne de xato ou tenreira.

A CAZA E A PESCA
A carne de caza é moi diversa e débese moito tamén á actividade do couto de caza. Así témola carne de corzo, a de porco bravo, a do coello, a de perdiz, o paspallás, o pombo, a arcea, a avefría, o gaio e o estornino

A utilización na dieta do pichón estaba só restrinxida a aquelas casas nobiliarias ou relixiosas que dispoñian de pombais. Da pesca cómese a troita común e a anguía.
seguinte

franja Tablón Municipal
franja Guía Rápida
[+]3
[+]4
franja  
 Deseño e Programación: Prodesin.com Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio 
Logo de la Xunta Icono de conformidad con el Nivel Triple-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI