O sábado 17 de novembro ás 17:00 horas no salón de actos do centro sociocultural de Riotorto, os veciños e veciñas de Santalla representarán a obra de teatro "Monchín encontrou traballo".
A Asociación Cultural Arrincadeira, a través do programa Buxiganga,acerca o teatro a Riotorto.
O sábado día 3 de novembro, ás 21 horas, representarase no salón de actos do Centro Sociocultural de Riotorto a obra "Godot", a cargo do grupo de teatro da Biblioteca municipal de Antas de Ulla.
E o sábado 10 de novembro, ás 21 horas, no mesmo lugar, a obra representada será "Lisístrata", a cargo do grupo de teatro de Ribadeo.