ANUNCIO
CONTRATACIÓN DE PERSOAL
O Concello de Riotorto vai contratar 1 persoa para ocupar un posto de AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO.
A modalidade de contratación será de obra ou servizo e a tempo completo.
Os requisitos para poder participar nesta convocatoria son os seguintes:
- Estar en posesión do título, diploma ou certificado de AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO.
- Ser español ou nacional dun dos Estados da Unión Europea ou nacional de calquera dos Estados ós que lles sexa aplicable o dereito á libre circulación de traballo.
- Ser maior de 18 anos.
- Non padecer enfermidade ou defecto físico que lle impida o normal desempeño do posto de traballo.
- Non ter sido separado do servicio de calquera Administración Pública mediante expediente disciplinario ou sentenza firme.
- Non haber sido despedido por este Concello.
As bases están publicadas na páxina web do Concello www.concelloderiotorto.org (Concello/ Documentación on-line/ normativa municipal).
Aquelas persoas que desexen participar neste proceso selectivo deberán presentar solicitude no rexistro do Concello de Riotorto no prazo de 10 días hábiles a contar dende a publicación deste anuncio no periódico “El Progreso” e no Taboleiro de Anuncios.
Para calquera información sobre proceso de selección, características das prazas, etc... poden poñerse en contacto co Concello de Riotorto.
Riotorto, 16 de Marzo de 2010.
O Alcalde,
Fdo: Federico Xosé Gutiérrez Estoa.
