08/02/2012
Estimados Sres./Sras.:
Informámoslle de que o próximo xoves 9 de febreiro, en horario de 11:00 a 14:30 horas, a Deputación de Lugo organiza unha XORNADA SOBRE O MEDIO AMBIENTE E A NOVA POLÍTICA AGRARIA COMÚN, dirixida ó sector agrogandeiro, que confiamos sexa do seu interese. Esta actividade desenvolverase na Granxa Gayoso Castro, en Castro Riberas de Lea, no concello de Castro de Rei.
Xuntamos o programa da xornada e pregamos que colabore na súa difusión entre os seus asociados e coñecidos do sector.
Para unha mellor organización da actividade, rogamos confirme a súa asistencia respondendo a este correo (lugo2@deputacionlugo.org) ou chamando ao 982.260.147.
