Riotorto é un concello do norte do territorio lugués, que pertence á diócese de Mondoñedo-Ferrol, arciprestado de Miranda e partido xudicial de Mondoñedo.
Linda ó norte cos municipios de Mondoñedo e Lourenzá; ó leste con Trabada e A Pontenova; ó sur con Meira; ó oeste con A Pastoriza. Ten unha extensión de 68 km2 e comprende sete parroquias: Aldurfe, FerreiraVella, Galegos, Meilán, A Moxoeira, A Órrea e Riotorto. Consta de 77 entidades singulares de poboación, ás que hai que sumar un importante número de casarios. A capital do Concello é As Rodrigas, que dista 48 km. de Lugo capital.

»
