Inicio

Contacto

Mail alcalde Concello de Riotorto

Calendario

L M M X V S D
 
 
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
 
 
 
 

RIOTORTO PRESENTA O PLANO ESTRATÉXICO DO FERRO

O Alcalde afirma que o Plano vai significar a creación de 15 empregos e máis de 2000 visitas turísticas este ano.

O Alcalde de Riotorto, presentou hoxe martes día 2 de febreiro nun acto público que se celebrou no Centro Sociocultural do Concello o “Plano Estratéxico do Ferro”, documento que recolle unha serie de actuacións que pretende impulsar a actividade dos ferreiros e aproveitar este elemento diferencial co que conta Riotorto para a súa dinamización económica.” A proposta desenvolverase en dúas fases, unha a curto, con actuacións que comezaremos a desenvolver xa e outra a medio para avanzar nos obxectivos que nos marcamos no documento” afirmou Estoa.

O Alcalde afirmou que este plano, elaborado por unha consultora externa, pretende nesta primeira fase”aumentar o valor engadido das ferramentas que elaboran os nosos ferreiros, mellorando as canles de comercialización, abrindo novos mercados, definindo novos produtos para a venda e garantindo o relevo xeracional no sector. A existencia das ferrerías representa unha riqueza para o noso Concello, que vai máis alá das persoas que viven directamente desta actividade”, recalcou Estoa, quen anunciou que a día de hoxe xa se está a xestionar a legalización dun marca de calidade que distinga os produtos artesanais que  elaboran os ferreiros de Riotorto.

Asemade o Alcalde nacionalista indicou que na definición dos destinos turísticos e fundamental a definición dos elementos diferenciais e nese sentido informou ”que o Concello ademais de proceder a  identificar e sinalizar os recursos turísticos cos que conta vai poñer en marcha un programa de excursións de centros escolares da provincia para visitar Riotorto e que cumprirá a dupla función de dá-lo a coñecer con outra pedagoxía e de que os nenos e nenas coñezan os nosos oficios tradicionais”. Neste sentido Estoa afirmou que o obxectivo que se marca é garantir que durante este ano visiten Riotorto arredor de 2000 persoas.

O rexedor afirmou que as actuacións que se recollen neste plano van beneficiar ao conxunto dos veciños do Concello, particularmente o comercio e a hostalería, na medida que todo o que sexa que veña xente a Riotorto vai significar gasto no pobo. “A ninguén se lle escapa que todo o que sexan visitas significa movemento económico e ademais pretendemos que as visitas se realicen naquel período no que hai menos actividade no Concello. Isto non quita que xa estea deseñado dentro deste Plano o que son actividades de promoción turística para o verán aproveitando o tirón turístico da Mariña de Lugo e tamén a proximidade da Rota Xacobea” afirmou Estoa.

O Alcalde de Riotorto afirmou que a creación de emprego é o compromiso central do seu goberno e que nesa dirección o que pretende o Plano é fundamental responder a esa demanda. “No primeiro ano imos crear sobre quince empregos directos ligados a esta actividade, a maiores é de supor que se xeren empregos indirectos, da man da iniciativa privada. Sempre acreditei que o sector público debe intervir na economía, chegando a onde non chega o sector privado, pero o que é inegábel é que este número de empregos vai ter un efecto multiplicador, na medida que vai significar aumento de poder adquisitivo e tamén de capacidade de gasto” afirmou Estoa quen anunciou que antes do mes de Abril se vai concretar a creación destes empregos.

 

 

Próximos eventos

Tablón Municipal

Poderán consultar as bases das convocatorias destas e outras axudas na sección de Axudas no apartado Concello, desta páxina web. Para máis información póñanse en conctacto coa AEDL do Concello.
Para construccións realizadas sen licenza, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2011. Charla informativa o martes 10 de Xaneiro ás 20:30 no Centro Sociocultural.