Inicio

Contacto

Mail alcalde Concello de Riotorto

Calendario

«  
  »
L M M X V S D
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 
31
 
 
 
 
 

RIOTORTO EXECUTARÁ A SEGUNDA FASE DA SENDA FLUVIAL ENTRE A GROBA E ESPASANDE DE ABAIXO

O BNG xestionou 400.000 euros para Riotorto en Madrid a conta dos orzamentos do estado.

O Concello de Riotorto continuará coa recuperación das marxes do  Río Torto ao seu paso polas Rodrigas e por Espasande de Abaixo en coherencia coa actuación que veu desenvolvendo a Confederación Hidrográfica entre os lugares de Valverde e A Groba no núcleo das Rodrigas. Esta primeira fase de recuperación das ribeiras do Torto cuxo traballo se veu desenvolvendo ao longo deste ano e que estará rematado a principios de 2010. Segundo anunciou o Alcalde de Riotorto, Federico G. Estoa, a segunda fase dos traballos consistirá na recuperación das ribeiras do río Ferreiravella entre o barrio da Groba(As Rodrigas) e o Barrio da Ermida (Espasande de Abaixo) e significará a recuperación e a posta en valor duns tres Km de ribeiras do río, dándolle continuación ao anel verde que no seu momento comprometera o grupo de goberno.

As obras que ascenderan a 400.000 Euros, correponderanse cun proxecto que está a redactar o Concello, que será a administración que licite e contrate as obras. A financiación para as mesmas corre a cargo do Ministerio de medio Ambiente do Goberno do estado, que se veu obrigado a recoller esta partida nos orzamentos de 2010 a instancias dunha proposta do BNG. Estoa recalcou que “a presenza do BNG en Madrid significou en tres anos un investimento de case 700.000 Euros en Riotorto, investimento que ademáis, se executa como se pode ver na primeira fase das obras do paseo fluvial

O Alcalde Riotorto fixo fincapé que a formula adoptada para a realización desta obra será a de convenio entre o Concello de Riotorto e o Ministerio de Medio Ambiente, destacando que a previsión que manexan as administración implicadas é que a obra estea licitada no mes de maio, estando obrigado o Concello a ter rematada as obras antes de finais de 2010. Estoa quixo explicitar a súa satisfación polo investimento,”posto que a contía da inversión 400.000 Euros, unha cantidade moi importante para un Concello como o noso, como a natureza da mesma, que significa poñer en valor os nosos recursos naturais, e polo tanto desenvolver a nosa potencialidade turística, está na liña do que os veciños e este Goberno queren para Riotorto”.

O Alcalde Nacionalista destacou que “ a posta en valor do noso patrimonio natural, non só redunda no aumento da calidade de vida dos nosos conveciños, senón que vai aumentar as fortalezas turísticas de Riotorto. O turismo para nós non é o único vector, nin tan sequera o máis importante do desenvolvemento económico do Concello, agora ben, esta liña ímola seguir explotándoa, vencellandoa a tradición da forxa , como camiño de impulso económico do Concello”. Na mesma liña Estoa manifestou que “é o río o que lle da nome ao noso Concello, polo que a súa recuperación e o súa posta en valor para o seu disfrute por todos, significa avanzar na humanización do noso entorno e na recuperación do que nos identifica, e polo tanto, nos dota de identidade”.

 

Federico G. Estoa indicou que a actuación que se vai executar nesta segunda fase do paseo fluvial será respetuosa  co medio ambiente, tentará aproveitar as sendas que xa existen sen que isto signifique que se perda a perspectiva do río, procurará recuperar espazos públicos que vaian máis alá do que é a área de servidume do mesmo e xa por último significará a recuperación de determinados elementos do patrimonio etnográfico. “Sempre o dixemos, e agora estámolo facendo realidade, os nosos veciños teñen dereito a mesma calidade de vida que os veciños que de calquera outro lugar de Galiza”,rematou Estoa.

 

 

Próximos eventos

Tablón Municipal

O Grupo de Desenvolvemento Rural 3 Asociación Montes e Vales vai dar unha charla informativa onde se falará dos diversos tipos de axudas e beneficiarios dentro do Programa Leader galicia 2007-2013.
Infórmase a tódolos veciños en xeral e ferreiros en particular, que o próximo martes, 2 de febreiro,´ás 20:30 horas terá lugar no Centro Sociocultural de Riotorto, a presentación do PLAN ESTRATÉXICO DO FERRO 2010-2015.