Inicio

Contacto

Mail alcalde Concello de Riotorto

Calendario

«  
  »
L M M X V S D
 
 
 
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 
31
 
 

O CONCELLO PRESENTA O PROXECTO DO TANATARIO MUNICIPAL

Terá un custe de 180.000 € e comezará a funcionar no outono do vindeiro ano

O pasado sábado 12 de decembro no centro sociocultural de Riotorto presentouse o proxecto de tanatorio municipal. Neste acto o alcalde e mailos técnicos encargados do proxecto explicaron polo miúdo aos veciños a ubicación, as características técnicas e construtivas e os prazos de execución deste importante equipamento. Tamén se explicou cal vai ser o seu xeito de funcionamento, a forma de prestación dos servizos e o aforro de custes que suporá aos usuarios xa que vai ser un servizo gratuíto.

Riotorto é un concello cun elevado grado de envellecemento da poboación e no que se veñen producindo entre trinta e corenta defuncións anuais. A utilización deste servizo cada vez é máis demandada polos veciños que se ven obrigados a desprazarse a outros concellos limítrofes para poder recibir a súa prestación. A falta deste equipamento tamén obriga á xente de Riotorto a desprazarse para velar o defunto ou expresar o pésame á familia.

A instalación deste equipamento en Riotorto aparte do aforro de custes aludidos anteriormente  terá unha influenza positiva na dinamización social e económica de Riotorto debido á grande afluencia de persoas que tradicionalmente asisten aos enterros.

Segundo manifesta o alcalde, o nacionalista Federico Gutiérrez Estoa, coa creación deste equipamento o Concello de Riotorto sigue apostando fortemente pola creación de servizos públicos e de calidade que diminúan a brecha existente na calidade de vida entre o ámbito rural e o urbano co fin de contribuír a fixación da poboación no noso concello.

Máis imaxes infográficas nesta galería.

 

Próximos eventos

  • Venres, 3 Septembro, 2010 - Domingo, 5 Septembro, 2010
  • Venres, 17 Septembro, 2010 - Domingo, 19 Septembro, 2010
  • Venres, 7 Xaneiro, 2011
  • Sábado, 19 Marzo, 2011
  • Val
    Domingo, 15 Maio, 2011

Tablón Municipal

Plan Renove Electrodomésticos do 13 de xullo de 2010 ata o 29 de outubro de 2011, ou ata que se esgote o crédito. Plan Renove de instalacións individuais de gas ata o 15 de setembro de 2010.
A unidade móbil da ITV de vehículos agrícolas estará os días 28 e 29 de xullo, de 9 a 13:30 e 15:30 a 18 horas, e o día 30 de xullo de 9 a 13:30, na Grova, Riotorto. Os interesados poderán pedir cita directamente en dita unidade móbil ou ben chamando ó teléfono 608228387.