SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS PARA OBRAS DE INTERESE VECIÑAL
FEDERICO XOSÉ GUTIÉRREZ ESTOA, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE RIOTORTO
FAI SABER:
Está aberto o prazo para a solicitude de axudas, por parte de agrupacións ou asociacións de veciños sen ánimo de lucro, para a realización de obras de acondicionamento no medio urbano e rural.
OBRAS OBXECTO DA SUBVENCIÓN
As obras refírense á execución de pequenos abastecementos de auga potable, saneamentos, pavimentacións, rede de sumidoiros, iluminacións públicas, acondicionamento de camiños rurais, instalación de pequenos repetidores de TV, arranxo e acondicionamento de capelas, fontes, hórreos, muíños, obras de acondicionamento e arranxo de locais sociais, así como pequenas infraestruturas deportivas e outras análogas no ámbito da asociación, que non interfiran no ámbito municipal.
CONTÍA DA SUBVENCIÓN
A contía máxima por cada subvención será de 12.000,00 € e non poderá exceder do 75% do importe da actividade subvencionable. O 25% restante correrá a cargo da asociación.
PERÍODO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE DE AXUDAS
A data límite de presentación das solicitudes é o 30 de abril de 2010 e o prazo máximo de execución da actividade será ó 30 de setembro de 2010.
Un exemplar da solicitude, xunto coa documentación que se acompañe, serán dirixidos á Presidencia da Deputación Provincial de Lugo.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA
- Proxecto concreto ou memoria valorada, para o que se pretende a subvención e orzamento pormenorizado dos gastos e ingresos a realizar para a súa execución.
- Declaración responsable das subvencións recibidas para o mesmo proxecto, así como de acharse ó corrente nos pagos á SS e outras obrigas fiscais.
- Copia do CIF, da entidade solicitante.
- Certificación da conta bancaria
En Riotorto, a 11 de Marzo de 2010
O Alcalde: Federico Xosé Gutiérrez Estoa
