MERCADO DE OUTONO DE PRODUCTOS ECOLÓXICOS E DE TEMPORADA- DOMINGO 13 DE NOVEMBRO
08/11/2011O Mercado forma parte dunha serie de catro mercados estacionais que se levan a cabo ao longo do ano no Concello de Riotorto, o segundo domingo dos meses de febrero, maio, agosto e novembro.
Este Mercado de Outono, celebrarase o domingo día 13 de Novembro, no pavillón de deportes da vila, posto que, aínda que as previsións apuntan a que haberá sol durante toda a xornada, as choivas tamén poden facer acto de presencia .
A apertura está prevista ao fío das dez da mañá e prolongarase ata o mediodía, as 15 horas máis ou menos.
MERCADO DE VERÁN 2011 DE PRODUCTOS ECOLÓXICOS E DE TEMPORADA
05/08/2011Este Mercado celebrarase o domingo día catorce de agosto na Praza do Concello de Riotorto e polas rúas de dita localidade.
A apertura do mesmo está prevista ó fío das dez da mañá e prolongarase ata o mediodía, as 15 horas máis ou menos.
Estarán presentes en torno a unha trintena de expositores de toda a provincia, así como do resto de Galicia e da veciña Asturias.
Aqueles visitantes que se acerquen ata Riotorto o domingo poderán atopar unha ampla gama de productos ecolóxicos e naturais, así como prantas e árbores froiteiras, artesanía, etc
A ÚLTIMA ETAPA DA IV VOLTA CICLISTA ÁS COMARCAS DE LUGO DISCORRE POLO CONCELLO DE RIOTORTO
03/06/2011O domingo día 5 de xuño a IV Volta Ciclista ás comarcas de Lugo terá a saída en Riotorto en torno ás 10 e media da mañá e a chegada no mesmo lugar ao redor das 2 do mediodía.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
